-------------------------------------------------------------------
IV Xornadas Lois Obelleiro
de Historia, Pensamento e Cultura
[Situación e perspectivas da economía galega.
Unha visión crítica da Unión Europea ]
Domingo, 18 de decembro de 2011
Auditorio de Rianxo
PROGRAMA
10:30 Recepción e entrega de documentación
10:45 Inauguración e Moderación das conferencias
Bernardo Valdês Paços
Profesor do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Autor de diferentes traballos sobre política agraria e sobre Europa.
11:00 Conferencia-Coloquio
Estado actual da economía galega. Propostas de saída á crise
Xavier Vence Deza
Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, foi Director do IDEGA entre 1991-95. Profesor invitado en diferentes universidades estranxeiras, ten formado parte de diversos comités de expertos de organismos internacionais. É coordinador do grupo de investigación ICEDE e da Área de Economía do Seminario de Estudos Galegos. Autor, entre outros, dos libros Capitalismo e desemprego en Galicia, Innovación e cambio tecnolóxico na industria, O fracaso neoliberal na Galiza e Salarios e custo da vida. O seu blog é http://xaviervence.blogspot.com/
12:15 Descanso
12:30 Conferencia-Coloquio
Unión Europea, crise económica da zona euro e nacións periféricas. Alternativas á actual situación
Sérgio Ribeiro
Doutor en Economía e membro do Comité Central do Partido Comunista Português. Exporá a visión dunha persoa que coñece as institucións europeas por dentro; foi eurodeputado entre 1990-1999 e 2004-2005 formando parte da presidencia do Parlamento europeo durante cinco anos. Desde a súa militancia defende unha outra Europa moi alonxada da actual UE e unha política económica oposta ao neoliberalismo. Posúe ampla experiencia política e académica, destacando entre as súas obras "O Mercado Comum: a integração e Portugal", "Décadas de EUropa" e "Não á moeda única", sendo tamén coautor do libro "Pequeno curso de economía". Ademais mantén o blog http://anonimosecxxi.blogspot.com/
14:00 Xantar
17:00-18:00 Roteiro cultural
O Rianxo de Castelao
Percorrido polos lugares e espazos da vivencia do autor do Sempre en Galiza no 125 aniversario do seu nacemento.
Información:
- A data límite de inscrición, gratuíta, é o venres 16 de decembro. Farase por orde de anotación até completar o aforo.
- Existirá ao dispor das e dos asistentes un xantar organizado, de carácter optativo, a un prezo de 20 €.
2 comentários:
Ao que parece vamos ter galegos aqui no Blog.
Não te esqueças da foto, pois sei que vamos ter notícias sobre as Jornadas e a tua importante participação que nos enche de orgulho.
GD BJ,
GR
Força camarada "anónimo". Boa jornada.
Enviar um comentário